Como podedes ver, hai cambios no aspecto visual do blog. Os contidos e seccións son exactamente as mesmas, mais creo que cun aspecto moito máis atractivo. Espero que vos guste.
Tamén quero indicarvos, sobre todo a aqueles e aquelas a quen non tiven aínda ocasión de notificárenvolo, que temos un novo blog no centro, o blog VIVINDO COMO GALEGOS. Este será o espazo virtual da materia de lingua e literatura galega para tódolos cursos da ESO, dende 1º ata 4º. Xa vos irei indicando que contidos debe consultar cada quen...
Se queredes consultalo este é o enderezo (podedes premer no link para visitalo):
www.galegocisnerosourense.blogspot.com
Espero que vos guste!!!! Vémonos o luns...
Javier
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada