Ola moz@s! Sei que estades tod@s de vacacións e o que menos vos apetece a estas alturas é ter que volver cos libros ás voltas, verdade? Pero como sabedes, este ano non demos rematado o programa e quedou sen tratar en clase o bloque de Xeografía Humana. Non vos preocupedes, o ano que vén daredes Xeografía en profundidade.
Para que non se vos faga costa arriba o vindeiro curso déixovos aquí colgados algúns recursos que atopei noutras webs para que vos familiaricedes cos termos e conceptos básicos desta disciplina. Recoméndovos tamén que leades, aínda que só sexa un pouco por enriba, os temas de xeografía do libro de segundo se o tedes a man.
Aínda que ás veces parece que é unha disciplina complexa, o certo é que a Xeografía Humana é ben sinxela. A pesares de estar cheas de fórmulas e gráficas, a Xeografía Humana é unha materia na que o emprego do sentido común e a lóxica facilítannos moito o traballo; xa veredes.
Non é preciso que vos dedes grandes atracóns de información. Aínda tedes un mes e medio por diante e tedes que descansar para o vindeiro curso. Pasádeo ben, desfrutade, desconectade, marchade á praia, ó campo ou ó pobo, xogade ó fútbol ou ó baloncesto, pero - por favor- dedicádelle un ratiño de vez en cando para ver estes materiais e ler un pouco, que o día da para moito...
Un saúdo,
Javier.
Geografía de la población
View more presentations from Jose Antonio Diez.
Indicadores Poblacionales
View more presentations from Nicolás Osante.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada